top of page
redes_sociales-peq-05-08.png
redes_sociales-peq-05-07.png
plastic

WTF | Ay, cariño

DANZA 

zona inferior
icono gris-24.png
icono gris-29.png

​RÚA

icono gris-27.png

TP

icono gris-26.png

13´

WTF! é unha fuxida cara diante, o correr pavoroso de dúas criaturas chegadas á Terra dende unplaneta lonxano e estrano. Ou simplemente diferente. 

É unha explosión. É un carnaval. É un disparate. 

É unha expresión de shock convertida nun absurdo de ritmo frenético. Unha mestura de xogo e movemento que dende a cor e o brillo cristaliza unha idea quizais sinistra tras a néboa da festa: porque corren estas dúas criaturas? Que ven que lles fai fuxir sen pausa cara diante? Que lles aterra tanto? 

Quizais non lles gusta o que ven aquí abaixo. Ou quizais esas criaturas chegadas doutra galaxia somos todas nós reflectidas nun espello inesperado. Correndo ata quedar sen alento para chegar a non sabemos onde.

Creación e coreografía: Ay, cariño!

Interpretación: Cris Vilariño + Diego M. Buceta

Espazo sonoro: Acacia Ojea

Vestiario: Marte Martinka + Ay, cariño!

Vídeo e foto: Henrique Lamas

bottom of page