top of page
vaivén
VAIVÉN | Marcia Vázquez
DANZA CONTEMPORÁNEA
zona inferior
VAIVÉN é unha peza escénica de danza contemporánea que navega en mareas vivas.
Tras a treboada, o océano cuspe á beiramar todo aquilo afogado na profundidade. A area está chea de restos inconexos de memoria. Será suficiente este corpo para reconstruíla ante de que volva a subir a marea?
Un paseo polas lembranzas de todo o que rodea á mar en Galicia: a dureza do traballo da pesca, a paisaxe en cores e sons, o Prestige, a personalidade non escollida de vivir ao carón da costa.
Unha investigación qeu se mergulla nas vibracións, nas ondas sonoras e que conecta, inevitablemente, no océano interior das emocións. "Todas as nosas almas son náufragas".
Estrea 12 de maio de 2023 - Teatro Rosalía - A Coruña
Dirección e coreografía: Marcia Vázquez
Espazo sonoro: Acacia Ojea
Deseño de iluminación: Violeta Martínez
Intérprete: Marcia Vázquez
Audiovisual: Marta Valverde
Deseño Vestiario: Marta García
Asesoramento movemento: Martín Los Arcos
Produción: Sabela Ramos
Fotografía: Carlota Mosquera
bottom of page