top of page
redes_sociales-peq-05-08.png
redes_sociales-peq-05-07.png
extender

PARA QUE NON ME DEIXES AQUÍ SOA | Julia Laport

DANZA URBANA · CONTEMPORÁNEA

icono gris-24.png
icono gris-29.png

TEATRO

icono gris-27.png

+12

icono gris-26.png

60'

Este espectáculo é unha cocreación da bailarina Julia Laport, o artista plástico Martín Gonçalves e a iluminadora Laura Iturralde. Un diálogo escénico onde corpo, luz e materia entrelázanse para abrir espazo á busca do que queda detrás do visible. A través da manipulación en directo de materiais como o barro ou as enredadeiras, a iluminación viva que habita a escena e o pulso das danzas urbanas, as artistas exploran as máscaras da identidade e as formas que adopta o desexo de ser outra cousa. Abren fendas no corpo e na presenza, na procura de algo máis aló, e atopan no encontro escénico un lugar desde onde achegarse á trascendencia.  

ESTREA 5 de abril de 2025

Dirección: Julia Laport Rivas

Creación e Interpretación: Martín Gonçalves, Laura Iturralde e Julia Laport

Deseño de Iluminación: Laura Iturralde

Deseño de escenografía e vestiario: Martín Gonçalves

Confeción: Raquel Crespo

Espazo sonoro: Julia Laport

Axuda á produción: AGADIC - Xunta de Galicia

bottom of page