O ARCÓN DE NOA | Amarelo
DANZA PARA PÚBLICO FAMILIAR
O ARCÓN DE NOA é un espectáculo de danza-teatro para público familiar.
Noa é unha nena que vive coa súa nai nunha casa apartada, e non ten con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Todo parece vello, inservible e apagado no seu mundo solitario. Pero un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita no arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles.
A través da linguaxe da danza contemporánea, a utilización de obxectos e a interacción co dispositivo escénico, o espectáculo mostra múltiples situacións e personaxes guiados por unha narración clásica de conto de maxia e fantasía.
Idea orixinal: Lilian Portela
Dirección: Carlota Rosón e Martín Blanco
Intérpretes: Raquel Ferradás, Carlota Rosón, Martín Blanco
Voz en off: Iria Álvarez Leirós
Iluminación: Nacho Martín
Música orixinal: Bruno Baw
Creación de audiovisuais: Eva Antelo
Deseño de vestiario: Noelia Picadizo
Deseño de espazo escénico: Martín Los Arcos
Confección de atrezzo: Asociación AVD Galicia
Colabora: Escola Media Punta