MULTIPERSPECTIVAS#3 | Paula Quintas
DANZA CONTEMPORÁNEA · CIRCO · IMPROVISACIÓN TEATRAL
Trátase dunha proposta orixinal e innovadora que parte da perspectiva do espectador como unha reflexión contemporánea.
Combina improvisación teatral, danza, circo e performance, deixando espazo para a interacción co público.
Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para enfrontarse á realidade do espazo que nos rodea: os límites entre o privado e o público, e a vivencial na arte nunha instalación circense compartida en tempo real.
Co- Creación: Rut Balbís, Arturo Cobas, Antón Coucheiro, Ana Gesto e Paula Quintas
Dirección e coreografía: Rut Balbís e Paula Quintas
Intervención sonora: Arturo Cobas
Iluminación: Laura Iturralde e Xacobo Torres
Intérpretes: Paula Quintas, Arturo Cobas e Antón Coucheiro
Técnica de arame: Stephanie Bouchard
Foto: Alberte Peiteavel e José Jordán - Dansa València