Da Man 2025
Da Man é un proxecto colaborativo de AMARELO e Manu Lago que conta co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais a través do Centro Coreográfico Galego para o acompañamento de artistas emerxentes en danza seleccionadas mediante convocatoria.
As artistas son acompañadas durante o proceso de creación dunha peza ou do desenvolvemento dun proxecto de compañía a través de titorías de contido administrativo, loxístico, artístico, financieiro e de calquera outra temática que o proceso en concreto requira. Durante este acompañamento se lle trasladan os coñecementos e informacións necesarias para realizar unha produción profesional, búsqueda de residencias e recursos económicos, venda e distribución do espectáculo, redes e circuitos e contactos, etc.
Os obxectivos son:
-impulsar a novas artistas en danza.
-promover a creación de canteira e de linguaxes propias.
-dinamizar o mercado local, nacional e internacional.
A convocatoria 2025
Que buscamos?
Un proxecto de danza de artista/s emerxente/s galega/s ou residentes en Galicia.
Artistas que, sen importar a súa idade, xénero, nin datos biométricos, non teñan creados máis de 3 espectáculos integrados en circuitos/programacións profesionais e queiran iniciar o proceso de creación dunha nova peza de danza, impulsar a sú compañía ou outro tipo de proxecto arredor da danza.
Que ofrecemos?
1- Un acompañamento 360: facemos un acompañamento en todo o proceso de xestión de compañía, de produción e creación, plan de distribución e calquera outra etapa que contemplen os plans das creadoras.
2- A inclusión da peza no catálogo de AMARELO, no caso dunha nova produción.
Que pedimos?
3 documentos en pdf:
1- Carta de motivación. Máximo 1 páxina.
2- Proxecto no que se mostren as claves da nova creación ou do proxecto (tipolocía, formato, equipo, calendario previsto, e todos os datos que se consideren relevantes). Máximo 3 páxinas
3- CV con links a traballos anteriores (si os hai). Máximo 2 páxinas.
Onde e cando?
Prazo de recepción de solicitudes: Ata o 11 de novembro de 2024. Envía a documentación a lilian@amarelo.es co asunto Da Man.
O día 25 de novembro de 2024 publicarase a resolución en redes e web.
Quen somos
Lilian Portela - é a directora de AMARELO
Lilian Portela inicia o seu camiño nas artes escénicas no ano 2011, traballando en produción, distribución e xestión para distintas compañías de danza, teatro e música.
En 2022 decídese a crear a súa propia empresa e así nace AMARELO, un proxecto dedicado á distribución, produción e xestión de proxectos de artes escénicas coa intención de servir de corrente de transmisión entre artistas e programadores e facer chegar ao público espectáculos frescos, atractivos e de calidade.
En AMARELO apostamos por compañías emerxentes e novos valores que comenzan a destacar no sector. Poñendo o foco na danza e nas novas linguaxes, respaldamos espectáculos que busquen seducir a todo tipo de público.
Manu Lago - é asesor de AMARELO e forma parte do equipo de xestión de A Casa Vella e a Plataforma Sólodos.
Máster en Xestión Cultural pola Universitat Oberta de Catalunya (2015), Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2000), Técnico superior en Artes Plásticas pola Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo (2002).
En 2018 publica o Arquivo Online da Danza Contemporánea de Galicia onde se recollían os datos de 357 espectáculos de 82 coreógrafas e coreógrafos de Galicia estrenados entre os anos 1987 e 2021, ademáis dos datos de produción e programación das redes públicas de exhibición.
En 2018 e 2019 publica entrevistas e crónicas en Isto é danza.
Realiza servizos de consultoría e planificación de programas, redacción de proxectos, mediación e asistencia á produción, avaliación e medición de impactos para propostas de mellora de proxectos desde: ocatálogo de distribución, produción, impulso e acompañamento (2017-2022) Galicia Danza Contemporánea, Amarelo Distribución Escénica, Plataforma SóLODOS ou A Casa Vella.
Foi coordinador de PROPULSA Danza + Paisaxe + Patrimonio da Xunta de Galicia e Xacobeo 21-22 e coproduciu o espectáculo Clásicas Desfeitas Vol 3 coa Fundación Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego, 2021.
Axencia Galega das Industrias Culturais. Da Man é un proxecto patrocinado pola Axencia Galega das Industrias Culturais a través do Centro Coreográfico Galego.
www.industriasculturais.xunta.gal
Da Man 2024
É un proxecto colaborativo de AMARELO Distribución Escénica e Manu Lago patrocinado pola Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego para o acompañamento dun proceso de creación de dúas artistas emerxentes en danza seleccionadas mediante convocatoria.
As artistas son acompañadas durante o proceso de creación dunha nova peza a través de titorías de contido administrativo, loxístico, artístico, financieiro e de calquera outra temática que o proceso en concreto requira. Durante este acompañamento se lle trasladan os coñecementos e informacións necesarias para realizar unha produción profesional, búsqueda de residencias e recursos económicos, venda e distribución do espectáculo, redes e circuitos e contactos, etc.
Os obxectivos son:
-impulsar a novas artistas en danza.
-promover a creación de canteira e linguaxes propias.
-dinamizar o mercado local, nacional e internacional.
Selección e datas 2024
-Unha artista emerxente galega: Raquel Ferradás.
Acompañamos a Raquel durante a creación de "Mesura". A peza estrénase o día 26 de maio no Festival Escora. O día 29 está programada en Galicia Escena PRO e a partir dese momento forma parte do catálogo de distribución de AMARELO.
-Unha artista emerxente de ámbito estatal: Colectivo A Ras de Suelo (Isa Salas & María Peláez). Estamos traballando con Isa e María no seu novo proceso de creación. Verá a luz no 2025 e, mentras, imos buscando con elas os recursos necesarios para esa estrea.
A convocatoria 2024
Será o proceso de selección e búsqueda das artistas:
Que buscamos?
-Unha artista emerxente galega.
-Unha artista emerxente de ámbito estatal.
Ambas artistas que, sen importar a súa idade, xénero, nin datos biométricos, teñan creados un máximo de 5 espectáculos integrados en circuitos/programacións profesionais e queiran iniciar o proceso de creación dunha nova peza de danza que pode ser tanto en formato de sala como de rúa/non convencional e máximo 2 intérpretes/creadoras.
Que ofrecemos?
1- Un acompañamento 360: facemos un acompañamento en todo o proceso de xestión de compañía, de produción e creación, búsqueda de financiación, plan de distribución e calquera outra etapa que contemplen os planes das creadoras.
2- A inclusión da peza no catálogo de AMARELO Distribución Escénica.
Que pedimos?
3 documentos en pdf:
1- Carta de motivación. Máximo 1 páxina.
2- Proxecto no que se mostren as claves da nova creación (formato, equipo, calendario previsto, … e todos os datos que se consideren relevantes).
Máximo 3 páxinas
3- CV con links a traballos anteriores (se os hai). Máximo 2 páxinas.
Onde e cando?
Prazo de recepción de solicitudes: Ata o 22 de decembro de 2023.
Envía a documentación a lilian@amarelo.es co asunto Da Man Galega ou Da Man Estatal segundo corresponda.
O día 15 de xaneiro de 2024 publicarase a resolución en redes e web.
Quen somos
Lilian Portela - é a directora de AMARELO Distribución Escénica
Lilian Portela inicia o seu camiño nas artes escénicas no ano 2011, traballando en produción, distribución e xestión
para diferentes compañías de danza, teatro e música.
En 2022 decide crear a súa propia empresa e así nace AMARELO Distribución Escénica, un proxecto adicado á distribución nacional e internacional de artes escénicas coa intención de servir de corrente de transmisión entre artistas e programadores e facer chegar ao público
espectáculos frescos, atractivos e de calidade.
En AMARELO apostamos por compañías emerxentes e novos valores que comenzan a destacar no sector. Poñendo o foco na danza e as novas linguaxes, respaldamos espectáculos que sexan capaces de seducir a todo tipo de público.
Manu Lago - é asesor de AMARELO Distribución Escénica e forma parte do equipo de xestión de A Casa Vella e a Plataforma Sólodos.
Máster en Xestión Cultural pola Universitat Oberta de Catalunya (2015), Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2000), Técnico superior en Artes Plásticas pola Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo (2002).
É o creador do Arquivo Online da Danza Contemporánea de Galicia e o catálogo de distribución (2017-2022) Galicia Danza Contemporánea
Formou parte de proxectos como Festival Abanea, Festival Corpo(a)terra, 6coreógrafas, Paula Quintas Cía, Colectivo Glovo, Pisando Ovos, Matarile Teatro, Teatro Galán, En Pé de Pedra, …
Foi coordinador de PROPULSA Danza + Paisaxe + Patrimonio da Xunta de Galicia e Xacobeo 21-22 e coprodutor do
espectáculo Clásicas Desfeitas Vol 3 coa Fundación Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego, 2021.
Xunta de Galicia. Da Man é un proxecto patrocinado pola Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego - Agadic.
www.industriasculturais.xunta.gal