top of page
redes_sociales-peq-05-08.png
redes_sociales-peq-05-07.png
frio

ALICIA PARA AS MINCHIÑAS | A Feroz

TEATRO INFANTIL

zona inferior
icono gris-24.png
icono gris-29.png
icono gris-27.png
icono gris-26.png

45'

+3

SALA / NON CONVENCIONAL

ALICIA PARA AS MINCHIÑAS é un espectáculo de poesía, xogo e música. Alicia, o Coello Branco, o Sombreireiro Tolo, etc. saen das páxinas para pasar a tarde coas minchiñas e tomar té con contos.

En 1890 sae do prelo o The Nursery Alice, onde Lewis Carroll adaptaba á inmortal Alicia ao universo das minchiñas de 0 a 5 anos.
Disque Carroll decidiu facer isto porque, no seu costume de agasallar co libro orixinal á cativada amiga súa, se decatou de que as nenas e os nenos máis pequechos non o daban gozado igual que os maiores. Nas súas palabras, el quería que minchiñas “folleen o meu libro, que o soben, que o engurren, que pasmen con el, que lle dean bicos”.

Elenco: Inés Salvado e Lorena Conde
Adaptación e dirección: Lorena Conde
Música: Inés Salvado

bottom of page