77.000 | Colectivo DeXeito
DANZA CONTEMPORÁNEA
En novembro de 2002, o buque petroleiro Prestige partiuse en dous e afundiu nas costas de Galicia, ocasionando un vertido de cru que provocou un dos maiores desastres ecolóxicos da historia do noso país. Este desastre provocou unha mobilización popular que xenerou unha onda de solidariedade para limpar a costa afectada e reclamou responsabilidades medioambientais, xudiciais e políticas.
77.000 fai referencia ao número de toneladas vertidas polo petroleiro Prestige nas costas galegas no ano 2002. Con esta peza contamos a historia a través da danza, creando a nosa propia representación do suceso, as consecuencias e o movemento. Tamén convidamos ao público a reflexionar sobre a fraxilidade do noso medio ambente e a importancia da acción colectiva en situacións de emerxencia.
Retratamos a realidade do pobo galego e conmemoramos a todas
esas persoas que axudaron á costa galega ante o chapapote.
Premio á mellor peza en Diálogos Contemporáneos do Festival DZM de Cáceres 2024
Dirección e coreografía: Pablo Vázquez e Saray Amorín
Intérpretes: Pablo Vázquez e Saray Amorín
Música: Y.O.M., BounceBiomehanika, Gustavo Santaolalla
Residencia: Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma
Asistente de coreografía: Laura Conchuela
Realización de vídeo promocional: Ángel Garcés
Fotografía: Laura Conchuela, Elías Aguirre, Nicolás Yazigi